Monthly Archives

Outubro 2024

Sun&Blue Congress

By | Novidades | No Comments

Olivia Mandle e Nacho Dean, xuntos en novembro no Sun&Blue Congress

  • Ambos protagonizarán o relatorio principal o xoves 21 de novembro, baixo o título de “Voces do océano: Un diálogo interxeneracional sobre a sostibilidade costeira’
  • Sun&Blue Congress celebra a súa segunda edición do 20 ao 22 de novembro, coa colaboración do Centro Tecnológico del Mar-Fundación CETMAR

Sun&Blue Congress, congreso internacional de Turismo e Economía Azul que celebra a súa segunda edición do 20 ao 22 de novembro en Almería, conseguiu reunir nun mesmo escenario a Olivia Mandle, activista medioambiental e polos dereitos dos animais e embaixadora do Pacto Climático da Unión Europea, e a Nacho Dean, naturalista, explorador profesional, divulgador e primeira persoa na historia en dar a volta ao mundo camiñando e unir nadando os 5 continentes, ademais de embaixador desta edición.

Será no relatorio principal do xoves 21 de novembro, denominado ‘Voces do océano: Un diálogo interxeneracional sobre a sostibilidade costeira’, que terá lugar ás 12:30 horas no auditorio principal  do congreso. A charla será moderada por Jessica Newfield, consultora senior de Sustainable Ocean Alliance (SOA), organización sen ánimo de lucro cuxo obxectivo é movilizar aos xóvenes e aportar solucións para restablecer a saúde dos océanos no transcurso das nosas vidas.

Este diálogo entre dúas figuras icónicas e complementarias -Olivia Mandle, unha activista xuvenil de grande impacto, e Nacho Dean, autor de varios libros, documentais e expedicións pioneiras- proporcionará unha oportunidade única para inspirar e movilizar á audiencia cara a acción climática e a conservación mariña. Ambos empregan os seus respectivos camiños e experiencias para demostrar cómo o activismo e a aventura poden converxer nunha mensaxe poderosa de sostibilidade.

Sobre Sun&Blue Congress

Sun&Blue Congress está considerado o primeiro congreso internacional de Turismo e Economía Azul e nesta edición conta coa colaboración do Centro Tecnológico del Mar-Fundación CETMAR.

Esta cita internacional é promovida por beon.Worldwide e patrocinada pola Consellería de Turismo e Andalucía Exterior da Xunta de Andalucía, o Concello de Almería, a Consellería de Agricultura, Pesca, Auga e Desenvolvemento Rural da Xunta de Andalucía e a Diputación de Almería. A súa segunda edición celebrarase do 20 ao 22 de novembro no Palacio de Exposicións e Congresos ‘Cabo de Gata–Cidade de Almería’.

GOinterHUB

By | Novidades | No Comments

CETMAR presenta no Galician Offshore International Hub os avances dos proxectos FLORES e ShoreWinner cara a potenciar a capacitación para o sector das enerxías renovables mariñas

O Centro Tecnológico del Mar-Fundación CETMAR participa no Galician Offshore International Hub que terá lugar desde mañá xoves 24 e ata o venres 25 en Ferrol, onde presentará os avances dos proxectos FLORES e ShoreWinner cara a potenciar a capacitación e as habilidades para o sector das enerxías renovables mariñas.

Dacordo co programa previsto, CETMAR participará na mesa dedicada aos proxectos e fondos europeos que impulsan a eólica mariña, onde presentará o proxecto FLORES, que coordina a fundación dependente da Consellería do Mar.

Financiado polo programa europeo Erasmus Plus, FLORES “Mirando cara o futuro das Enerxías Renovables Mariñas” é un proxecto que está desenvolvendo ferramentas e actividades para fortalecer as capacidades no sector. En concreto, céntrase en expandir oportunidades de formación especializada, promover traxectorias profesionais dentro da industria e establecer un Observatorio de Capacidades. O obxectivo final é fomentar a sostibilidade do Consorcio para as enerxías renovables mariñas dentro do Pacto de Capacidades, asegurando o éxito a longo prazo desta iniciativa.

Paralelamente terán lugar dous obradoiros. No primero, dous grupos de traballo de FLORES presentarán os seus resultados: materiais educativos e de sensibilización para promover vocacións nas Enerxías Renovables Mariñas e a comunidade de usuarios creada en torno ao proxecto para fomentar a sostibilidade do consorcio. Invitarase aos participantes a compartir os seus puntos de vista sobre a revisión dos perfís ocupacionais e as barreiras para participar nestes grupos.

No segundo obradoiro presentarase o proxecto ShoreWinner, cofinanciado polo programa Erasmus plus e no que tamén participa CETMAR. Shorewinner establecerá cinco Centros de Excelencia en Formación Profesional (CoVEs) en países do Sur de Europa, caracterizados por agrupar centros de formación e empresas con interese en mellorar a capacitación para as enerxías renovables mariñas. Ubicados en Portugal, España, Italia, Grecia e Chipre, colaborarán para mellorar a capacitación na cadea de valor da enerxía eólica mariña. Neste obradoiro presentarase o proxecto e convidarase aos asistentes a unirse á súa Comunidade de Práctica en Galicia e Canarias, dando así continuidade ao traballo iniciado en FLORES.

Tanto a mesa de debate como o primeiro taller terán lugar na primeira xornada do GOinterHUB, mañá xoves 24 a partires das 09:30 horas, mentres que o obradoitro dedicado a ShoreWinner dará comenzo unha vez finalizado o de FLORES, ás 11:30 horas.

Mais información sobre o programa do evento na súa páxina web.

VI SIBECORP

By | Eventos, Novidades | No Comments

O prazo de inscrición ao Simposio Iberoamericano de Ecoloxía Reprodutiva, Recrutamento e Pesqueiras segue aberto

  • A sexta edición do congreso, en cuxa organización colabora o Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR, terá lugar do 11 ao 15 de novembro en formato presencial e virtual, organizado por IPMA e IEO-CSIC co apoio da Rede INVIPESCA

O prazo de inscrición para asistir ao VI Simposio Iberoamericano de Ecoloxía Reprodutiva, Recrutamento e Pesqueiras, SIBECORP, segue abierto. Organizado polo Instituto Portugués do Mar e da Atmósfera (IPMA) e o Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC), o congreso terá lugar do 11 ao 15 de novembro en Lisboa, co apoio da Rede Iberoamericana de Investigación para o Uso Sostible dos Recursos Pesqueiros, Rede INVIPESCA, cuxa secretaría técnica é responsabilidade de CETMAR.

A asistencia ao simposio, que se celebrará na sede do IPMA en Algés (Oeiras), é posible en formato presencial e en formato virtual. O programa completo desta sexta edición está xa a disposición de todos os interesados na páxina web do congreso.

O VI SIBECORP está estruturado en catro sesións temáticas sobre estratexias reprodutivas de organismos acuáticos, potencial reprodutivo e resiliencia, recrutamento e éxito reprodutivo e ecoloxía reprodutiva e manexo de pesqueiras, así como dous talleres que abordarán o cambio climático e resiliencia dos stocks, por unha banda, e o papel da muller na ciencia pesqueira, por outra.

O doutor Henrique Cabral, director de Investigación no Instituto Nacional para a Investigación, Alimentación e Ambiente de Francia (INRAE), será o encargado de impartir a conferencia inaugural titulada, “Efectos das alteracións climáticas na reprodución e recrutamento de peixes de interese pesqueiro: caso do Atlántico Noroeste”.

Actividades paralelas

Ademais das cinco xornadas destinadas ao desenvolvemento das catro sesións temáticas y os dous talleres citados anteriormente, nesta edición do VI SIBECORP desenvolveranse dous cursos presimposio e un curso postsimposio nos que poderán participar todas as persoas inscritas. As prazas son limitadas, polo que os interesados en asistir deberán enviar unha solicitude de inscrición ao correo sibecorp6@gmail.com.

O primeiro deles está previsto o 7 de novembro, con posibilidade de participación presencial e on-line e tratará sobre a aplicación de ferramentas de xenética molecular en ecoloxía e pesca. Será impartido por as doutoras Ana Veríssimo (CIBIO-InBIO) e Pilar Cabezas, ambas da Universidade do Porto, e dispón de entre 25 e 30 prazas.

O horario deste curso modificouse e impartirase de 14:30 a 18:30 (hora de Portugal) coa finalidade de facilitar a participación de investigadores e estudiantes dos países latinoamericanos en modalidade on-line.

O segundo curso presimposio abordará a selección, obtención e procesamento de datos oceanográficos da man da doutora Ana Machado, do IPMA. Será o 8 de noviembre, de 14:30 a 16:30 horas (hora de Portugal), en formato presencial e on-line e para 20 participantes.

A programación prevista complétase cun curso postsimposio sobre aplicación de marcadores naturais na ciencia pesqueira, que será impartido en inglés polos doutores Tatsuya Sakamoto, Joâo Neves e Inês Farias. Este curso terá unha parte teórica de dous horas en modalidade híbrida (presencial e on-line) que se impartirá en horario de mañá de 10:00 a 12:00 hora portuguesa e unha parte práctica de tres horas en modalidade presencial de 13:00 a 16:00 (hora de Portugal). Este curso será o 18 de novembro cun aforo máximo de 15 participantes.

Todavía existen prazas disponibles nestes cursos dirixidos tanto a investigadores como a estudiantes.

Durante o VI SIBECORP otorgaranse dous premios: un ao Mellor Traballo de Investigadores/as Junior e outro ao Mellor Traballo de Estudiantes de Posgrado ou Doutorado, recoñecendo as mellores contribucións nas categorías de presentación oral e póster, e o mércoles 13 de novembro haberá unha sesión de mentorazgo in situ para mozos investigadores.

Toda a información está dispoñible na páxina web do simposio.

Nova dirección

By | Novidades | No Comments

O Consello da Xunta dá conta do nomeamento de Rosa Chapela como nova directora-xerente do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR

  • Doutora en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, exercía desde o ano 2002 a coordinación do departamento de Socioeconomía da Pesca da entidade dependente da Consellería do Mar

O Consello da Xunta deu conta hoxe do nomeamento, realizado esta mesma mañá coa celebración dun padroado extraordinario, de Rosa Chapela como nova directora xerente do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR en substitución de Paloma Rueda, que viña exercendo esta responsabilidade desde o ano 2009.

Doutora en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, e posgrado en Economía Pesqueira por esta mesma universidade, traballa como coordinadora do departamento de Socioeconomía da Pesca no Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR desde 2002.

A nova directora xerente da entidade dependente da Consellería do Mar iniciou a súa carreira como asesora técnica para temas legais da Consellería de Pesca da Xunta de Galicia. Desde 2013, é experta xeográfica e contacto para España na Rede Europea FARNET, unidade de apoio á DG Mare no desenvolvemento local participativo a través dos grupos de acción local de pesca.

Desde o Cetmar, liderou e participou en numerosos proxectos europeos sobre sustentabilidade pesqueira, competitividade e cadeas de valor, desenvolvemento local participativo, cambio climático, a muller na pesca etc., colaborando con numerosos equipos de diferentes países europeos, así como do Brasil ou Sudáfrica.

Colaborou con organismos internacionais como a FAO e a UICN. Contribuíu en proxectos de cooperación internacional centrados na participación e capacitación de mulleres na pesca e na acuicultura en países como Vietnam e Senegal, así como en proxectos de irmandamento para a harmonización da lexislación pesqueira en Romanía e Bulgaria.

Baseada na súa experiencia en políticas pesqueiras, gobernanza da acuicultura e desenvolvemento sustentable, coordinou reunións e eventos con xestores públicos e actores clave do sector pesqueiro europeo, tanto nacionais como internacionais. Ademais doutros proxectos europeos en que participa para dinamizar o impacto socioeconómico da pesca e da acuicultura, como a Rede EMODNET ou o Observatorio Europeo de Economía Azul, conta con publicación e presentacións en congresos en materia de gobernanza da pesca e acuicultura, a ordenación xurídica do litoral, o papel das mulleres na pesca, ou a economía azul, entre outros.

Formación

By | Novidades | No Comments

A Xunta avanza na elaboración do novo convenio co Centro de Formación A Aixola de cara ao vindeiro curso

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, realizou a súa primeira visita ao Centro de Formación A Aixola no Porto de Marín (Pontevedta) co obxectivo de coñecer de primeira man o traballo que se está a desenvolver nas diferentes accións formativas programadas este curso, así como as súas instalacións. Ademais, a responsable autonómica abordou cos responsables do centro aspectos sobre a elaboración dun novo convenio así como a oferta formativa de cara ao vindeiro curso.

A directora xeral fixo un percorrido polos diferentes obradoiros do centro e destacou a calidade educativa da entidade que, xestionada pola Consellería do Mar a través do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR, ven acadando uns excelentes resultados de inserción laboral dos seus alumnos. Así, no 2023 a práctica totalidade do alumnado que buscou emprego conseguiu entrar no mundo laboral tras finalizar a súa formación, mentres que o resto continuou o seu itinerario formativo, acadando así cerca dun 70% de inserción.

A Aixola ten previstas este curso sete accións formativas para as cales ofertou un total de 84 prazas dirixidas a alumnos vinculados ao sector pesqueiro. As clases totalizarán cerca de 1.600 horas de formación de carácter gratuito das que poden beneficiarse operarios da pesca, mariscadoras e mariscadores, cónxuxes destes ou persoas con titulación ou certificado para traballar no sector pesqueiro.

ForoAcui

By | Novidades | No Comments

A Xunta apoia a XXVI edición do ForoAcui co foco posto na innovación na acuicultura e o cultivo de moluscos bivalvos e un especial protagonismo de CETMAR

  • O evento terá lugar o 9 e 10 de outubro no Auditorio Municipal de O Grove no que está programado varias mesas de traballo nas que abordar con expertos ámbitos como a investigación, cun especial protagonismo do CETMAR
  • Tamén foi presentado o libro resumen da pasada edición onde se fai homenaxe ás persoas e entidades que levan apoiando esta cita ao longo dun cuarto de século e que estará dispoñible na web

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta presidiu hoxe o acto de presentación da nova edición do Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das rías galegas co foco posto na innovación na acuicultura e o cultivo de moluscos bivalvos.  Acompañado por representantes da Asociación dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas, entidade  organizadora do evento co apoio da Xunta, salientou a importancia deste espazo de debate de referencia onde investigadores, representantes dos sectores económicos, administración ou entidades sociais, comparten análises e perspectivas futuras da actividade pesqueira.

Esta cita, que terá lugar os días 9 e 10 de outubro no Auditorio Municipal de O Grove, ten aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro 7 de outubro. Durante as dúas xornadas está programadas varias mesas de traballo para abordar da man de expertos aspectos como a investigación, na que todo o protagonismo será para o Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR -dependente da Consellería do Mar-, así como á pesca de baixura, marisqueo, empresa ou acuicultura.

Por outra banda, tamén se presentou o libro resumen da XXV edición do ForoAcui. Unha edición especial onde se rendeu homenaxe ás persoas e entidades que apoiaron de xeito significativo ao celebración deste evento e que permitiron que se cumpriran estes 25 anos. Con más de 50 artigos que recollen os aspectos científico-técnicos máis novidosos da acuicultura e dos recursos do mar así como os relatorios dunha xornada especial sobre a evolución da produción pesqueira e acuicultura dos últimos 25 anos. O acceso a este libro, así como de todos os anteriores, é público e pode ser descargado desde a sección de publicacións da web www.foroacui.com onde tamén se pode ver todas as charlas das últimas edicións deste Congreso.