Mirando ao futuro das enerxías renovables mariñas
No marco do Pacto de Capacidades no sector das Enerxías Renovables Mariñas, o proxecto “Forward Looking at the Offshore RenewableS-FLORES” creará unha visión de futuro para este sector a través do fomento da formación.
Para conseguilo, FLORES apoiará ás organizacións máis comprometidas coa promoción das enerxías renovables mariñas dinamizando as ofertas formativas. O consorcio do proxecto promoverá así a formación para novos postos de traballo deste sector, estimada entre 20.000 e 54.000 nos próximos cinco anos, ao tempo que contribuirá a mellorar as oportunidades formativas do cadro de persoal actual neste ámbito profesional. FLORES tamén organizará un observatorio da oferta e demanda de competencias e promoverá alianzas duradeiras para garantir o éxito a longo prazo desta iniciativa.