Coordinación de accións de mellora da capacitación das asociacións de produtores de mexillón

O proxecto CAPACITAMEX ten como obxectivo crear espazos de diálogo entre o sector mexilloeiro, a Administración –representada pola Consellería do Mar– e a investigación, en particular a relacionada co proxecto APROMEX e outros estudos sobre o ciclo reprodutivo do mexillón.

As principais actividades son:
– Coordinación de reunións bilaterais con todas as asociacións de produtores de mexillón de Galicia para identificar áreas de interese e planificar sesións de formación.

– Organización de sesións de formación para produtores de mexillón, coa participación do persoal implicado na investigación de APROMEX, así como doutros colaboradores do proxecto.

– Elaboración de guías e materiais de apoio para facilitar a implementación dos principais resultados do proxecto APROMEX.

Este proxecto continúa o anterior proxecto CAPACITAMEX 2024-2026.

Detalles do proxdecto

Financiador:

Fondo europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA)

Xunta de Galicia. Consellería do Mar

Presuposto:

290.830,58 euros

Prazo de execución:

2026-2028

Más información

Ligazóns:

Redes Sociais: 

Leave a Reply