Impulsando a adaptación transformadora en Europa: solucións innovadoras vencelladas á auga

TransformAr proporciona solucións para impulsar a adaptación ao cambio climático. Promove a innovación cooperativa para activar a transformación social en seis rexións, mediante medidas baseadas na natureza, tecnoloxías innovadoras, financiamento, modelos de seguros e gobernanza, sensibilización e cambio de comportamento.

En Galicia desenvólvese un estudo de caso dirixido aos sectores de cultivo de mexillón e marisqueo a pé, que esta coordinado polo CETMAR, e que contará coa participación da UVigo –tamén socia no proxecto–, así como de expertos da IIM-CSIC.

Estudará o impacto das condicións oceanográficas na produción de mexillón, monitorizando en tempo real unha batea equipada con sensores. Avaliarase a evolución do cultivo de ameixas e os bancos marisqueiros mediante un modelo matemático para explorar estratexias de xestión adaptadas. Mediante un índice de resiliencia, identificará a capacidade de adaptación ao cambio e priorizará as accións que se deben emprender.

Detalles do proxecto

Financiador:

H2020 a través de la convocatoria Green Deal

Presuposto:

11.872.256,88 euros

Prazo de execución:

2021-2025

Máis información

Ligazóns:

Redes Sociais: 

Linkedin

Leave a Reply