Coordinación de accións de mellora da capacitación das asociacións de produtores de mexillón
O proxecto céntrase na mellora da formación do colectivo de produtores de mexillón de Galicia, mediante a transferencia dos resultados do proxecto APROMEX. As actividades principais son:
– Coordinación de encontros bilaterais con todas as asociacións de produtores de Mexillón de Galicia para presentar os resultados e planificar xornadas formativas.
– Organización de xornadas formativas dirixidas a produtores de mexillón, coa participación de persoal implicado na investigación de APROMEX, así como doutros colaboradores do proxecto.
– Organización dunha xornada formativa dirixida ao colectivo de formadores acuícolas formados pola Consellería do Mar mediante cursos de formación de formadores en acuicultura.
– Elaboración de guías e materiais de apoio para facilitar a posta en marcha dos principais resultados do proxecto APROMEX.