Estudo preliminar sobre presenza da ouxa (Myliobatis aquila) no litoral de Galicia

Este proxecto ten como obxectivo incrementar o coñecemento sobre a presenza nas costas galegas do peixe condrictio Myliobatis aquila, denominado localmente como “ouxa”. Este animal é considerado tradicionalmente un dos principais depredadores de bivalvos e representa unha seria preocupación para o marisqueo galego.
En consecuencia, faise necesario incrementar o coñecemento sobre esta especie presente no ecosistema mariño galego; constatar que percepción ten a comunidade pesqueira sobre o seu impacto na actividade marisqueira e, finalmente, sentar as bases para o desenvolvemento dun programa de actividades que permitan analizar a pegada que ten sobre os bancos de bivalvos.

Detalles do proxecto

Financiador:

Xunta de Galicia. Consellería do Mar

Presuposto:

37.676,75 euros

Prazo de execución:

2024-2025

Más información

Ligazóns:

Redes Sociais: 

Leave a Reply