Asistencia técnica na avaliación e seguimento das actuacións de protección e recuperación da biodiversidade dos ecosistemas mediante a recollida de residuos mariños no marco do FEMPA

A Fundación CETMAR presta apoio técnico á Consellería do Mar (Xunta de Galicia) desde o ano 2016 para o desenvolvemento e posta en marcha do plan Marlimpo. Trátase dunha orde de execución de asistencia técnica na avaliación e seguimento das actuacións de mellora da conservación do medio mariño mediante a recollida de residuos mariños no marco do FEMPA. Neste contexto, o CETMAR presta apoio técnico para o desenvolvemento da orde de axudas para a recollida de residuos, incluídos os residuos de algas de arribazón, a avaliación das solicitudes presentadas así como o control das actuacións de recollida e a elaboración dos informes correspondentes.

Detalles do proxecto

Financiador:

Xunta de Galicia. Consellería do Mar

Presuposto:

414.646,68 euros

Prazo de execución:

2023-2026

Máis información

Ligazóns:

Redes Sociais: 

Leave a Reply