Asistencia técnica na avaliación e seguimento das actuacións para a mellora da conservación do medio ambiente mariño mediante a recollida de residuos mariños no marco do FEMPA
A Fundación CETMAR presta apoio técnico á Consellería do Mar (Xunta de Galicia) desde o ano 2016 para o desenvolvemento e posta en marcha do plan Marlimpo. Trátase dunha orde de execución de asistencia técnica na avaliación e seguimento das actuacións de mellora da conservación do medio mariño mediante a recollida de residuos mariños no marco do FEMPA. Neste contexto, CETMAR presta apoio técnico para o desenvolvemento da orde de axudas para a recollida de residuos, incluídos os residuos de algas de arribazón; a avaliación das solicitudes presentadas, así como o control das actuacións de recollida e a elaboración dos informes correspondentes.
O servizo contempla ademais visitas de control para a supervisión das actuacións de recollida de residuos levadas a cabo polas confrarías adxudicatarias das axudas, e apoio técnico cara á sensibilización da problemática do lixo mariño.




