Rede Iberoamericana de Investigación Pesqueira

O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR presta apoio á secretaría técnica da Rede Iberoamericana de Investigación Pesqueira-Rede INVIPESCA, que dende a súa creación en 2009 traballa para converter a investigación pesqueira iberoamericana nun referente mundial, dada a súa diversidade e importancia económica e cultural da actividade pesqueira nestes países, e a relación histórica que existe entre eles. Para iso, promove a colaboración e o intercambio de coñecemento entre institucións e investigadores líderes neste campo. CETMAR centra  os seus esforzos nas accións de difusión da propia Rede e no apoio á organización do Simposio Iberoamericano de Ecoloxía Reproductiva, Recrutamento e Pesqueiras-SIBECORP, que en 2024 celebrou a súa sexta edición.

Detalles do proxecto

Financiador:

Xunta de Galicia. Consellería do Mar 

Presuposto:

129.212,50 euros

Prazo de execución:

2022-2025

Máis información

Ligazóns:

Redes Sociais: 

Facebook