Novedades

Intercambio SANIPES

Por 29 junio, 2026 Ningún comentario

CETMAR organiza un intercambio de experiencias en materia de control e fiscalización dos productos pesqueiros en Galicia para 5 técnicos do SANIPES de Perú

  • Enmarcase no proxecto Consagmar «Contribución á soberanía alimentaria peruana a través da mellora dos mecanismos de control e vixilancia dos recursos e produtos hidrobiolóxicos e o fortalecemento de capacidades técnicas e de gobernanza das mulleres e homes fiscalizadores de SANIPES e das Administracións locais de Sechura», financiado por Cooperación Galega e liderado por ANFACO-CYTMA

O Centro Tecnolóxico do Mar, dependente da Consellería do Mar, organiza un intercambio de experiencias entre Galicia (España) e Perú que terá lugar en terras galegas, do 29 de xuño ao 3 de xullo, e que estará centrado nos mecanismos de control e fiscalización dos produtos pesqueiros así como na normativa sanitaria e de trazabilidade dos mesmos.

Durante a visita, os 5 técnicos da Autoridad Nacional de Sanidad e Inocuidad en Pesca y Acuicultura de Perú (SANIPES) terán a posibilidade de coñecer a estrutura, competencias e medios operativos do Servicio de Gardacostas de Galicia, da man do Subdirector xeral deste servizo, Juan Carlos Codesido. Os técnicos terán tamén a posibilidade de profundar no coñecemento da normativa sanitaria aplicable aos produtos pesqueiros, así como os requisitos para a autorización e rexistro dos establecementos alimentarios, contando para iso co Xefe de Servizo de Seguridade Alimentaria en Consellería de Sanidade, Jose Angel Viñuela.

Esta formación complementarase con varias visitas prácticas a empresas, lonxas e mercados de abastos do sector coa finalidade de facelos partícipes de todas as actividades de control e trazabilidade da cadea alimentaria do sector pesqueiro e acuícola de Galicia.

Ademais, os 5 técnicos teñen prevista unha visita ao porto pesqueiro da Autoridade Portuaria de Vigo, onde terán a posibilidade de coñecer, sobre o terreo, o funcionamento do Punto de Control Fronteirizo do Porto de Vigo, encargado de inspeccionar e controlar as mercancías procedentes de terceiros países para garantir o cumprimento da normativa sanitaria, fitosanitaria e de seguridade alimentaria da Unión Europea.

No último día da axenda programada o grupo visitará as instalacións e laboratorios de ANFACO-CYTMA en Vigo, Institución que lidera o proxecto Consagmar, e no que CETMAR actúa como consultor especializado para a realización de esta actividade en Galicia.

Persoal de CETMAR, responsable da organización da axenda para os cinco días nos que terá lugar o intercambio, acompañará aos técnicos durante a súa estancia, que comezará cunha visita á sede do Centro Tecnolóxico do Mar en Vigo, onde serán recibidos pola directora-xerente, Rosa Chapela.

Dejar un comentario