What's new

Expertas do CETMAR e o IGAFA viaxan ó pacífico nariñense para o desenvolvemento dun programa formativo que busca o fortalecemento da producción sostible da piangua en tumaco.

By 6 September, 2017 No Comments

 

  • Técnicas do Centro Tecnolóxico do Mar –Fundación CETMAR- e do  Instituto Galego de Formación en Acuicultura –IGAFA- desprázanse a terreo para desenvolver o programa formativo previsto do 4 ao 8 de setembro e que permitirá a capacitación de profesionais, produtores locais e comunidade vinculados á produción do recurso piangua.
  • Esta formación encádrase nun proxecto que prevé a elaboración das directrices dun plan de xestión da piangua e a mellora do cultivo e comercialización deste bivalvo no departamento de Nariño.

Vigo, 4 de setembro de 2017.- A través da posta en marcha deste programa formativo preténdese sensibilizar ós actores relacionados coa explotación do recurso piangua no Municipio de Tumaco, sobre a necesidade de emprender un plaWhatsApp Image 2017-09-04 at 08.32.17 (1)n de xestión para o cultivo deste recurso, co cal se xeren alternativas económicas para a poboación vinculada a esta actividade, e se garanta unha explotación sostible deste recurso.

Esta acción formativa encádrase nun proxecto liderado pola Gobernación de Nariño a través da Gerencia del Pacífico e a Secretaría de Agricultura Departamental, a Alcaldía de Tumaco, a Federación de Concheras de la Costa Pacífica de Nariño – FEDECONCHA, e organizacións de productores locais, xunto co apoio da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo – AECID a través do programa de Desenvolvemento con Identidade Rexional entre España e Nariño -DIRENA.

 

Na primeira etapa de formación realizada en Galicia, en novembro de 2016, a Fundación CETMAR realizou, entre outros, un diagnóstico inicial que permitiu xerar unha base de coñecemento crítico sobre a piangua explotada en Nariño, coñecer o estado actual do recurso e servir de apoio á toma de decisións de planificación e manexo adecuadas. Esta segunda etapa de formación conta cunha axenda que inclúe formación a técnicos onde se abordarán temáticas como a evolución do marisqueo en Galicia, métodos de cultivo e manexo de minicriadeiros de moluscos bivalvos, entre outros. Ademais levaranse a cabo dinámicas de traballo coa comunidade piangüera que tratarán entre outros, a importancia de traballar plans de explotación sostibles para o recurso piangua.

Este evento desenvolverase no Centro de Orientación para o Empleo y el Emprendimiento – COEE, en Tumaco, ademais da realización de visitas prácticas a campo cos profesionais da comunidade e a propia comunidade piangüera de “El bajito”.

As accións que agora se levarán a cabo buscan fortalecer a estratexia da alianza DIRENA a través da transferencia de boas prácticas desde institucións españolas a institucións e actores en Nariño, elo co obxectivo de avanzar no nivel de desenvolvemento económico sostible, equitativo e incluínte, en especial de mulleres, indíxenas, comunidades afrocolombianas e campesiños.