Control de poboacións de ostra rizada (Magallana gigas) nas Rías de Arousa, Pontevedra e Vigo
Encargo da Consellería do Mar ao Centro Tecnolóxico do Mar–Fundación CETMAR para o desenvolvemeto do servizo de control e seguimento das potenciais poboacións de ostra rizada (Magallana gigas) que se poidan establecer nas zonas costeiras das tres rías máis meridionais das rías baixas (Arousa, Pontevedra e Vigo).
Os obxectivos son a determinación e control da presenza de poboacións da especie Magallana gigas nas costas das rías de Arousa, Pontevedra e Vigo e a determinación da captación natural desta especie a partir da fixación de sementes da mesma. Tamén está previsto un estudo comparativo do cultivo de exemplares diploides e triploides de ostra rizada en bateas.