CETMAR acolle a xornada final de Whistle, que presenta os seus resultados para mellorar e fomentar a vixilancia e previsión oceánica nas augas ibéricas occidentais
- O Centro Tecnolóxico do Mar, que participa nesta acción de cooperación entre Galicia e Portugal, acollerá o evento na súa sede en Bouzas (Vigo) o xoves 18 de xuño de 10:00 a 13.30 h
- O proxecto permitiu mellorar e integrar os modelos operativos de predición oceanográfica locais con datos do Copernicus Marine Service nunha plataforma que facilita a avaliación das condición ambientais
O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR acollerá o vindeiro xoves a xornada final do servizo Whistle, una colaboración transfronteiriza entre Portugal e Galicia (España) que conta có apoio do Copernicus Marine Service National Collaboration Programme (2022-2028).
O proxecto mellora a simulación das condicións oceánicas na Plataforma Ibérica Occidental con especial atención á Western Iberia Buoyant Plume (WIBP), unha corrente de auga con baixa salinidade presente cerca da costa e que afecta á circulación rexional, á estratificación da auga, á distribución de nutrientes e aos procesos bioxeoquímicos mariños.
WHISTLE mellorou os modelos operativos harmonizando forzamentos meteorolóxicos e condicións de contorna, ademais de desenvolver dous casos de estudo, un para mellorar a resposta ante a contaminación mariña en Galicia e outro para garantir a calidade da auga no Parque Natural do Litoral Norte de Portugal.
Dos resultados de todo este traballo darase conta nesta xornada final, que dará comezo ás 10:00 h na sede de CETMAR en Bouzas (Vigo), e na que intervirán representantes de todos os organismos involucrados no proxecto: Nologin Oceanic Weather Systems S.L.U. – NOW Systems; Instituto de Engenharia Mecânica e Gestão Industrial (INEGI) e +ATLANTIC, Associaçao para um Laboratório Colaborativo do Atlânticos, ademáis da Unidade de Tecnoloxía Mariña de CETMAR en representación do Observatorio Costeiro da Xunta de Galicia .
A inscrición para participar na xornada segue aberta no seguinte enlace, onde tamén é posible consultar o programa: https://cetmar.org/seminarios/jornada-final-WHISTLE/






