Preparando o sector da I+D+i no marco da Misión Restaurar os Océanos e as Augas Costeiras e Interiores

O obxectivo de PREP4BLUE é facilitar unha primeira fase exitosa (2022-2025) da denominada Misión Oceánica mediante o desenvolvemento de actividades de apoio á co-creación e uso colaborativo de ferramentas e metodoloxías aplicables aos procesos de investigación e innovación, considerándoas actividades necesarias para acadar os obxectivos da Misión Oceánica: Restaurar os Océanos e as Augas Costeiras e Interiorespara 2030 e involucrar aos cidadáns e a todas as partes interesadas.

CETMAR é o principal responsable de facilitar a participación cidadá no desenvolvemento da Misión Oceánica, así como a xestión do coñecemento -identificación e transferencia de solucións de apoio á Misión-, ademais de prestar apoio a un entorno propicio -modelos de negocio, normativa e ecosistema financeiro- e a participación das partes interesadas.

O centro estivo involucrado así na organización de eventos para fomentar a participación cidadá, así como na xestión do coñecemento, coa identificación e transferencia de solucións que dan apoio á Misión. Ademais, organizou unha serie de webinars sobre metodoloxías de interacción coas partes interesadas (en inglés) e analizou as capacidades necesarias para poder cumplir cos obxectivos da misión no 2030.

 

Detalles do proxecto

Financiador:

Horizonte Europa

Presuposto:

4.997.690 euros

Prazo de execución:

2022-2025

Máis información

Ligazóns:

Redes Sociais: 

FacebookPinterestYoutube

Leave a Reply