Actuacións de apoio á xestión pesqueira e da acuicultura e a planificación do litoral no marco dos Plans de Ordenación Marítimo Espacial (POEM)
Encomenda enmarcada nas actuacións de mellora da ordenación pesqueira e acuícola e da ordenación do espazo mariño no marco dos plans de ordenación do espazo marítimo (POEM) elaborados e aprobados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITERD).
No marco deste servizo, CETMAR desenvolverá diferentes tarefas, como os traballos técnicos de apoio nos procesos de ordenación do litoral marítimo nos que participe a administración autonómica se é o caso, ou a actualización e optimización da ferramenta MARPLAN.
Tamén se levará a cabo un estudo sobre a idoneidade de zonas do litoral galego non situadas nas rías nas que se poidan desenvolver actividades acuícolas, así como unha cartografía da acuicultura mariña e continental en Galicia.