Rede de expertos en mercados do Observatorio Europeo do Mercado de Produtos da Pesca e da Acuicultura (EUMOFA)

Participación na rede de expertos en mercados do Observatorio Europeo do Mercado de Produtos da Pesca e da Acuicultura. EUMOFA é unha ferramenta de intelixencia de mercado destinada a aumentar a transparencia e a eficiencia, analizando a dinámica dos mercados comunitarios, apoiando as decisións empresariais e a creación de políticas.
EUMOFA permite o seguimento directo dos volumes, valores e prezos dos produtos do mar, desde a primeira venda ata a fase de venda polo miúdo, incluídas as importacións e exportacións. Os datos proceden de países da Unión Europea, Noruega, Islandia e institucións europeas e actualízanse todos os días.
A rede de expertos en mercado desenvolve análises cualitativas para a súa publicación “Featured News of the Month”, que realiza un seguimento e análise dos datos de primeiras vendas, importación-exportación e consumo de peixe na Unión Europea.

Detalles do proxecto

Financiador:

Comisión Europea – DG MARE

Presuposto:

143.522 euros

Prazo de execución:

2019-2027

Más información

Ligazóns:

Redes Sociais: 

Leave a Reply