O EMB é un foro estratéxico paneuropeo de ciencias mariñas. Funciona como un órgano consultivo non gobernamental e independente, que identifica os retos e oportunidades científicas e tecnolóxicas mediante actividades de previsión e outros estudos co fin de ofrecer recomendacións ás administracións competentes. O CETMAR participa na iniciativa, representando os intereses conxuntos das organizacións académicas da súa xunta directiva; en particular, as tres Universidades de Galicia e o CSIC e coordinando os seus esforzos neste contexto co IEO (que conta cunha representación propia).
Detalles do proxecto
Financiador:
Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR
Presuposto:
35.000 euros
Prazo de execución:
2018-2025