Neutralidade climática: papel do carbono azul na costa de Portugal e Galicia

Coordinado polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR, o proxecto “Capta” traballará para mellorar a resiliencia costeira na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal sentando as bases de políticas e instrumentos de planificación que axuden a preservar os ecosistemas costeiros e a abordar conxuntamente os riscos climáticos.

Esta iniciativa, na que participa o Observatorio Costeiro da Xunta de Galicia, permitirá a creación dun marco de cooperación transfronteiriza que permita identificar as ameazas, vulnerabilidades e riscos climáticos aos que se enfrontan as zonas costeiras e establecer accións coordinadas para a súa conservación.

O obxectivo é facilitar procedementos homoxéneos e información comparable sobre riscos climáticos, permitindo actuacións conxuntas e avaliando o papel que xogan os ecosistemas costeiros como sumidoiros de carbono mediante o uso de novas tecnoloxías, como satélites, vehículos aéreos non tripulados ou redes neuronais.

Detalles do proxecto

Financiador:

Fondo Europeo de Desarrollo Regional FEDER- Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP)

Presuposto:

2.452.183,79 euros

Prazo de execución:

2022-2026

Máis información

Ligazóns:

Páxina web

Redes Sociais: 

Leave a Reply