Política de calidad

A dirección do Centro Tecnológico del Mar-Fundación CETMAR manifesta o seu compromiso cos estándares de calidade, coa innovación, coa seguridade e a adecuada custodia da información e do coñecemento que xestiona. CETMAR conta cun Sistema de Xestión da Calidade baseado na norma ISO 9001:2015.

Para elo, a Dirección comprométese a xestionar con eficiencia os recursos humanos, materiais e económicos para asegurar o correcto funcionamento do Sistema de Xestión e a súa mellora continua, apostando pola prevención antes que a corrección, así como pola participación e colaboración de todos os traballadores como elemento clave para satisfacer os intereses dos nosos colaboradores, clientes e de todas as organizacións interesadas na nosa actividade.

La aplicación das directrices que se establecen na política de calidade, a súa revisión periódica a fin de adecuala aos obxectivos da organización e a comunicación do seu contido e do Sistema de Xestión a todo o persoal e ás partes interesadas é responsabilidade da Dirección.

Todo elo ten como obxectivo o garantir un servicio de calidade suxeito a unha mellora continua.

20 de setembro de 2019

 

Paloma Rueda Crespo

Directora Xerente