Novedades

O CETMAR convoca unha praza de técnico para o proxecto PROFOPESCAS a desenvolver en Sao Tomé e Príncipe

O Centro Tecnolóxico do Mar ven de convocar unha praza de técnico de proxecto cara o desenvolvemento do proxecto PROFOPESCAS, «Fortalecemento da sociedade civil como estratexia de desenvolvemento económico e social no sector da pesca en Sao Tomé e Príncipe», iniciativa financiada pola Unión Europea.

Os aspirantes deberán acreditar unha licenciatura relacionada co perfil da praza e puntuaranse os servicios prestados en postos e actividades equiparables ou relacionadas coa mesma. O contrato terá unha duración de 21 meses a desenvolver en Sao Tomé e Príncipe.

As bases da convocatoria están dispoñibles en www.cetmar.org/ofertas-de-trabajo/