Novedades

O CETMAR colabora co Campus do Mar na impartición dun curso de especialización en análises costeiros en Cabo Verde

O Centro Tecnolóxico do Mar está a traballar como asistencia técnica co Campus do Mar no  proxecto de cooperación internacional “Fortalecemento da investigación mariña en Cabo Verde”, no marco do cal estase a impartir estes días na localidade caboverdiana de Mindelo un curso de especialización en análises costeiro, iniciativa que conta co apoio da Xunta de Galicia e Cooperación Galega.

O curso, destinado a profesores e investigadores de Cabo Verde, está dividido en cinco bloques temáticos impartidos por expertos do Campus do Mar. Durante estes primeiros quince días de xullo, representantes das universidades de Aveiro, Vigo, A Coruña e Santiago e do Instituto Español de Oceanografía abordarán diferentes temáticas como a  erosión e as dinámicas sedimentarias das praias, a socioeconomía da pesca e a xestión,  a exploración sustentable dos recursos mariños, o deseño experimental e os impactos sobre ecosistemas.

No marco  deste proxecto de cooperación internacional, e ademais do curso que se está desenvolvendo estes días, catro investigadores caboverdianos -dous pertencentes á Universidade de Cabo Verde e dous do Instituto Nacional de Desenvolvemento das Pescas- están dende o mes de outubro en Galicia facendo o doutorado do Mar.

Campus do Mar tamén instalou unha sala de videoconferencia en Cabo Verde para que os seus estudiantes poidan seguir online os cursos e conferencias que se desenvolven no ámbito do proxecto de Excelencia.

O Centro Tecnolóxico do Mar leva varios anos desenvolvendo proxectos en Cabo Verde e colaboración coa Universidade, co Instituto Nacional de Desenvolvemento das Pescas e coas autoridades do país africano.

Dejar un comentario