Novedades

O Centro de Formación «A Aixola» abre o proceso de selección para tres novos cursos dentro da convocatoria 2013-2014

O Centro de Formación “A Aixola” abre o  proceso de selección para participar en tres das accións formativas incluídas na convocatoria de cursos 2013-2014, que se porá en marcha nas vindeiras semanas nas instalacións do Porto de Marín.

Trátase dos cursos de Modelista Laminador de Poliéster e de Carpintería de Ribeira, ámbolos dous de 600 horas, e doutro curso de Velaría e Acastillaxe, de 350 horas.

As persoas interesadas en asistir aos dous primeiros cursos deberán presentarse no Centro “A Aixola” o vindeiro mércores, 4 de setembro, ás 10:30 da mañá no caso do curso de poliéster, e as cinco da tarde no caso do curso de carpintería.

Os interesados no módulo de Velaría e Acastillaxe poderán realizar a proba de selección, consistente nun pequeno test de coñecementos xerais e nunha entrevista persoal, o xoves 5 de setembro ás 10:30 horas.

As prazas son limitadas, polo que para optar a participar nestes cursos é imprescindible a asistencia a este proceso de selección, ao que os aspirantes deberán acudir co seu DNI.