CETMAR promove o debate sobre a mellora da xestión das artes de pesca en desuso e do lixo recollido durante a pesca no marco dun taller do proxecto Free LitterAT
- A través dun debate organizado, os participantes na xornada compartiron a súa visión e puntos de vista sobre os retos, necesidades e oportunidades de mellora asociados aos procesos de recollida e xestión de residuos inorgánicos do sector pesqueiro e portuario
O Centro Tecnolóxico do Mar foi escenario dun taller organizado no marco do proxecto Free Litter AT, que coordina a Fundación CETMAR, unha acción financiada polo Programa de Cooperación Transnacional Espazo Atlántico, e que pretende protexer a biodiversidade a través de enfoques innovadores para previr e reducir o lixo mariño.
O obxectivo do taller era abordar cómo mellorar a xestión das artes de pesca en desuso e dos residuos recollidos de forma pasiva (pesca de lixo). Trala presentación xeral do proxecto e intervencións en remoto de socios de Francia e Irlanda, os participantes, representantes de diferentes sectores, compartiron a través dun debate organizado a súa visión e os seus puntos de vista sobre os retos, necesidades e oportunidades de mellora asociados aos procesos de recolleita e xestión de residuos inorgánicos.
Abordáronse así cuestións relativas sobre a recollida e almacenamiento a bordo dos residuos pescados pasivamente, da sú xestión unha vez en porto, opciones de valorización ou cómo conseguir e manter a implicación dos pescadores nestas tarefas.
Respecto das redes en desuso puxéronse enriba da mesa de debate cuestións asociadas á recollida e almacenamento en porto, a súa reparación ou reutilización, así como as opcións de reciclaxe ou de tratamento en terra.
O taller de Free LitterAT contou coa participación activa de autoridades portuarias, organizacións pesqueiras, fabricantes de sistemas técnicos para a pesca e a acuicultura, xestores e recicladores, redeiras, ONG, membros de centros e plataformas tecnolóxicas, entidades inclusivas e representantes de outros proxectos relacionados coa temática.
O consorcio Free LitterAT, do que forman parte xunto ao CETMAR o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (INTECMAR), a Universidade de Santiago e o IEO-CSIC, contempla un plan ambicioso de accións piloto, talleres e iniciativas de capacitación e sensibilización para este ano 2026, a fin de seguir fortalecendo o seu enfoque para a prevención, monitorización e redución do lixo mariño.











