WHISTLE – Servizo integrado de predición multimodelo para a plataforma ibérica occidental de xestión ambiental transnacional
WHISTLE ten como obxectivo mellorar o modelado mariño na rexión Western Iberia Buoyant Plume (WIBP) coa colaboración entre Portugal e Galicia (España). O WIBP, unha lente de auga de baixa salinidade presente durante todo o ano e influenciada por varias plumas fluviais, afecta á circulación costeira, á estratificación da auga, á distribución de nutrientes e ós procesos bioxeoquímicos mariños. WISTLE mellorará os modelos operativos harmonizando os datos meteorolóxicos e hidrolóxicos de ambas rexións.
O proxecto céntrase en dous casos prácticos: mellorar a resposta á contaminación mariña en Galicia e garantir a calidade das augas no Parque Natural da Costa Norte de Portugal. WHISTLE proporcionará unha plataforma de servizos integrados para datos ambientais, apoiando as políticas da UE e contribuíndo á toma de decisións con modelos de alta resolución.