Novedades

Investigadores da universidade colombiana de Antioquia asisten no CETMAR a unhas xornadas de formación e intercambio de experiencias sobre a transformación dos subprodutos da pesca

Por 10 septiembre, 2012 Ningún comentario

Dous investigadores da Universidade de Antioquia en Colombia asisten dende hoxe no Centro Tecnolóxico do Mar a unhas xornadas de formación e intercambio de experiencias sobre a transformación de produtos da pesca que serán impartidas por expertos da propia FundaciónCETMARe doutras institucións ou empresas relacionadas con esta actividade.

A estancia dos dous docentes en Vigo, que se prolongará ata mediados do mes de setembro, enmárcase dentro dun proxecto financiado a través do Programa Erica no que oCETMARcolabora coa Agencia Española de Cooperación al Desarrollo, e a Gobernación e a Universidade de Antioquia. O obxectivo xeral desta iniciativa é crear as condicións para que un sector de acuicultores desa rexión profunden e melloren os seus coñecementos e prácticas en canto ao aproveitamento de subprodutos.

Ademais de asistir a charlas formativas, os dous investigadores realizarán visitas a empresas relacionadas co aproveitamento de subprodutos da pesca e da acuicultura e a institucións de investigación que desenvolven liñas de traballo neste ámbito, como é o caso do Instituto Español de Oceanografía e do Instituto de Investigaciones Marinas-CSIC. Así mesmo, está prevista unha visita ao porto de Vigo e á lonxa do Berbés.

Dejar un comentario