Novidades

A Fundación CETMAR analizará nun seminario os envases activos e o seu uso cara a conservar os produtos pesqueiros

By 20 Setembro, 2012 No Comments

O Centro Tecnolóxico do Mar-FundaciónCETMAR reunirá mañá na súa sede en Vigo a expertos en envases activos que analizarán a súa utilidade na preservación e mellora dos produtos pesqueiros. O seminario será inaugurado ás 9.45 horas pola directora-xerente da institución galega,Paloma Rueda Crespo.

A xornada, na que se sucederán diferentes relatorios, celébrase no marco do proxecto Envacfish, unha iniciativa na que oCETMARestá a participar xunto a grupos de investigación das universidades de Vigo, A Coruña e Santiago e que levouse a cabo con financiamento da Xunta de Galicia a través do Plan Galego de I+D. Os resultados do devandito proxecto, que leva por título “Desenvolvemento de envases activos liberadores de antioxidantes naturais para mellorar a conservación de produtos pesqueiros”, daranse a coñecer no último relatorio do seminario.

Os envases activos ou sistemas binarios, obxecto da xornada a celebrar na FundaciónCETMAR, reveláronse nos últimos anos como unha tecnoloxía emerxente alternativa á que recorrer cara a posibilitar melloras nos produtos envasados, de tal xeito que a preservación das súas características organolépticas, nutricionais e sanitarias iniciais este garantida.

Os expertos que participarán neste seminario, entre os que se atopan representantes da administración, da empresa privada e da universidade, falarán en concreto de dous sistemas de inclusión de aditivos no envase –inclusión e impregnación-, así como dos impedimentos e limitacións que dende o punto de vista legal existen para estes desenvolvementos.

Leave a Reply