What's new

O CETMAR exporá a súa traxectoria na investigación e valorización das algas nunha xornada en Baiona

By 6 September, 2012 No Comments

O Centro Tecnolóxico do Mar dará conta da súa traxectoria na investigación e valorización das algas nunha xornada técnica e divulgativa que sobre estes organismos e as súas potencialidades terá lugar o vindeiro 15 de setembro no Parador de Turismo de Baiona.

A doutora en Ciencias do Mar e investigadora doCETMAR, Eva Cacabelos Reyes, especialista en algas e na súa ecoloxía, dará conta dos traballos que a Fundación galega leva desenvolvido neste campo. Así mesmo ofrecerá un pequeno adianto sobre o foro que sobre esta mesma temática está a preparar oCETMARno marco da Plataforma Tecnolóxica Tecnopeixe, e que está previsto para o vindeiro mes de outubro. Mais en concreto, avanzará algunhas claves sobre o traballo de compilación de información respecto ao interese das confrarías galegas neste recurso.

A xornada “As algas e as súas potencialidades” está  organizada polo Concello de Baiona e na mesma falarase tamén das propiedades terapéuticas e nutricionais das algas ou da súa xestión bio-sustentable, entre outros temas.

Leave a Reply