Vigo, 26
de setembro de 2021. O Centro Tecnolóxico do
Mar-Fundación Cetmar participou este mes nun seminario internacional para
analizar a futura estratexia nacional de cultivos mariños en Xeorxia na que
técnicos do ente dependente da Consellería do Mar compartiron a experiencia da
comunidade neste eido, as boas prácticas de gobernanza no sector en España e a
situación de desenvolvemento desta actividade no país.
O encontro, que combinou a asistencia presencial coa participación por videoconferencia, estivo organizado pola Axencia Nacional do Ministerio de Protección do Medio Ambiente e a Agricultura de Xeorxia, a delegación da Unión Europea nese estado e a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO).
Os
expertos participantes na xornada presentaron o estado actual do sector
acuícola no país do Cáucaso, as necesidades e retos aos que se enfronta, as
boas prácticas no eido internacional e a creación dun grupo de traballo para
deseñar e elaborar a estratexia nacional de Xeorxia no ámbito dos cultivos
mariños.
O
seminario tamén abordou a lexislación actual do sector e a situación concreta
de países como Turquía, Bulgaria e Marrocos. A estes aspectos engadíronse outros
como a cadea de valor acuícola, os obxectivos da estratexia sectorial e os
mecanismos para o seu desenvolvemento.
Vigo, 24
de setembro de 2021.- Cubrir
o desfase entre a demanda e a oferta de capacidades nos sectores marítimos da
construción naval e da enerxía renovable mariña, é
o obxectivo principal da Fundación CETMAR e dos seus socios en MATES.
Coa colaboración de máis de 200 expertos en
diferentes ámbitos, o consorcio do devandito proxecto europeo ven traballando
dende xaneiro de 2018 no deseño dunha estratexia a longo prazo que propicie a
mellora e a innovación na formación e na adquisición de capacidades dos futuros
profesionais dos sectores das tecnoloxías marítimas.
Para dar conta dos resultados obtidos polo proxecto MATES no desenvolvemento desa estratexia celebrarase un taller on-line durante a xornada do vindeiro mércores 29 de setembro. A inscrición é gratuíta e está dirixido a profesionais dos sectores da construción naval e das enerxías mariñas renovables, tanto do eido da industria, coma da educación, a investigación ou da administración pública. INSCRICIÓN
Neste taller, os presentadores ofrecerán unha
visión xeral do proxecto MATES, mostrando os pasos seguidos para desenvolver
unha estratexia de capacitación que inclúa a cuádruple hélice nas tecnoloxías
marítimas de Europa. Para concluír, un panel de representantes de organizacións
e proxectos das distintas concas mariñas europeas presentará as súas opinións e
expectativas para o despregue da Estratexia de MATES nas súas rexións. Os asistentes serán invitados a
proporcionar os seus comentarios durante a sesión e tra-lo taller, ate o 30 de
novembro de 2021.
Os resultados de MATES analizan a influencia
dos avances tecnolóxicos e as necesidades do mercado laboral sobre o sector
marítimo, e en particular como inflúe este contexto na demanda de novas
capacidades e innovacións na maneira de impartir formación. As principais liñas
de acción identificadas nunha primeira fase de análise foron testadas a través
de once experiencias piloto desenvolvidas por CETMAR e os seus socios en
diferentes puntos de Europa. Deste xeito, foi posible avaliar a posible
adaptación da estratexia a diferentes contextos rexionais, probando formacións
adaptadas ás necesidades emerxentes, como a industria 4.0, materiais en
formatos innovadores (tanto para o seu uso na aula como en contextos de
aprendizaxe informal), e simulacións de espazos industriais para o seu uso con
fins didácticos.
Baseándose nesta experiencia e as leccións
aprendidas, o consorcio de MATES propón unha serie de recomendaciónspara a cadea de valor dos dous sectores
de referencia do proxecto, que permitan adecuar as capacidades dos
traballadores ás necesidades emerxentes. En todo o proceso abórdanse aspectos
relativos ás tecnoloxías dixitais, tecnoloxías verdes, xestión da innovación,
perspectiva de xénero, cultura oceánica, gobernanza así coma estándares europeos
da formación profesional.
Cun orzamento de 4,9 millóns de euros e co-financiado
polo programa Erasmus + da Unión Europea, o proxecto MATES, “Alianza Marítima
para promover a economía azul europea a través dunha estratexia de capacitación
en tecnoloxía mariña”, finalizará en abril de 2022.
SAÚDOS,
GABINETE DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DO MAR
CETMAR recibió a la Prefecta de Esmeraldas (Ecuador), Excma. Roberta Zambrano Ortiz para informarle del trabajo que realizamos y la importancia del sector pesquero y acuícola en nuestra comunidad. Desde esta Prefectura se quiere fomentar la innovación y la sostenibilidad ambiental, social y económica del sector pesquero y acuícola en la Provincia de Esmeraldas donde CETMAR realizó una identificación en el 2019.
Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestra web. Si sigues utilizando este sitio asumiremos que estás de acuerdo.ValePolítica de privacidad