Monthly Archives

mayo 2013

Obradoiro sobre eficiencia enerxética na flota pesqueira en Galicia

Por | Novedades | Ningún comentario

Obradoiro sobre eficiencia enerxética na flota pesqueira en Galicia. Aspectos contemplados na orde de axudas ao investimento para mellora do rendemento enerxético do Fondo Europeo da Pesca

A eficiencia enerxética atópase nas primeiras posicións entre os retos que o sector pesqueiro ten asumidos para mellorar a súa competitividade e sostibilidade. Se ben nos últimos anos se veñen realizando importantes esforzos dende a industria, os organismos de investigación e a administración para que os operadores no mercado adopten solucións innovadoras para reducir o consumo de combustibles, aínda cómpre percorrer un longocamiño ata acadar os niveles de eficiencia que a tecnoloxía dispoñible pode permitir.

Dende a Xunta de Galicia, conscientes desta situación proponse a celebración deste obradoiro co obxecto de desenvolver un proceso de diálogo co sector para promover o investimento en materia de eficiencia enerxética nos buques de pesca. A Consellería do Medio Rural e do Mar, atendendo ás demandas do sector pesqueiro, abrirá un debate cos axentes, orientado a facilitar un maior e mellor aproveitamento das axudas aos investimentos a bordo dos buques pesqueiros para mellorar o rendemento enerxético, promovidas dende esta Consellería e cofinanciadas nun 75 % co Fondo Europeo de Pesca.

Cabe anunciar, como mostra deste compromiso co sector, que a xornada deberá servir para identificar as oportunidades tecnolóxicas dispoñibles no mercado e para orientar ao sector cara a un maior e mellor aproveitamento dos mecanismos de apoio financeiro. Para isto, a orientación das presentacións será eminentemente técnica e os expertos que participan na avaliación da convocatoria ofrecerán as claves fundamentais para a elixibilidade das propostas. A Consellería do Medio Rural e do Mar prevé abrir a curto prazo unha nova liña de axudas para dar un novo pulo á eficiencia enerxética no sector.

Para inscribirse prema o seguinte enlace:

http://www.cetmar.org/seminarios/eficienciaenerxetica