A Xunta apoia a XXVI edición do ForoAcui co foco posto na innovación na acuicultura e o cultivo de moluscos bivalvos e un especial protagonismo de CETMAR
- O evento terá lugar o 9 e 10 de outubro no Auditorio Municipal de O Grove no que está programado varias mesas de traballo nas que abordar con expertos ámbitos como a investigación, cun especial protagonismo do CETMAR
- Tamén foi presentado o libro resumen da pasada edición onde se fai homenaxe ás persoas e entidades que levan apoiando esta cita ao longo dun cuarto de século e que estará dispoñible na web
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta presidiu hoxe o acto de presentación da nova edición do Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das rías galegas co foco posto na innovación na acuicultura e o cultivo de moluscos bivalvos. Acompañado por representantes da Asociación dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas, entidade organizadora do evento co apoio da Xunta, salientou a importancia deste espazo de debate de referencia onde investigadores, representantes dos sectores económicos, administración ou entidades sociais, comparten análises e perspectivas futuras da actividade pesqueira.
Esta cita, que terá lugar os días 9 e 10 de outubro no Auditorio Municipal de O Grove, ten aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro 7 de outubro. Durante as dúas xornadas está programadas varias mesas de traballo para abordar da man de expertos aspectos como a investigación, na que todo o protagonismo será para o Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR -dependente da Consellería do Mar-, así como á pesca de baixura, marisqueo, empresa ou acuicultura.
Por outra banda, tamén se presentou o libro resumen da XXV edición do ForoAcui. Unha edición especial onde se rendeu homenaxe ás persoas e entidades que apoiaron de xeito significativo ao celebración deste evento e que permitiron que se cumpriran estes 25 anos. Con más de 50 artigos que recollen os aspectos científico-técnicos máis novidosos da acuicultura e dos recursos do mar así como os relatorios dunha xornada especial sobre a evolución da produción pesqueira e acuicultura dos últimos 25 anos. O acceso a este libro, así como de todos os anteriores, é público e pode ser descargado desde a sección de publicacións da web www.foroacui.com onde tamén se pode ver todas as charlas das últimas edicións deste Congreso.