Southern European Community for Offshore Wind Energy

O proxecto SHOREWINNER ten como obxectivo establecer unha Comunidade de Prácticas entre cinco Centros de Excelencia de Formación Profesional (CoVE) dos países do sur de Europa, con foco no sector das enerxías renovables mariñas. Estes CoVE, situados en Portugal, España, Italia, Grecia e Chipre, colaborarán para mellorar a formación da forza laboral, compartindo recursos e estratexias para promover o aliñamento da formación ofertada coas necesidades da industria das enerxías renovables offshore.

O CETMAR participará no CoVE español, liderado pola Universidade da Coruña, e contribuirá a elaborar materiais formativos sobre as ocupacións de maior demanda do sector, participando en campañas de sensibilización e actos de difusión xunto co consorcio. Ademais, o CETMAR promoverá a creación de grupos de traballo sobre formación en enerxías renovables mariñas, creando vínculos co Consorcio de Enerxías Renovables Mariñas do Pacto de Capacidades (ORESkills Large Scale Partnership) promovido e coordinado polo CETMAR.

Detalles do proxecto

Financiador:

Unión Europea. Erasmus Plus

Presuposto:

4.975.531 euros

Prazo de execución:

2024-2028

Más información

Ligazóns:

Redes Sociales: 

FacebookInstagramLinkedinYoutube 

Leave a Reply