Estratexia da Economía Azul de Galicia
Servizo para a creación e posta en marcha da oficina técnica “Estratexia Economía Azul de Galicia”, así como das estruturas de gobernanza e diálogo que a faciliten, incluíndo a promoción da comunicación da súa evolución cara á sociedade.
CETMAR identifica e establece o mapa de correspondencia das actuacións dos organismos involucrados e recolle a información necesaria para o seguimento da execución e a consecución de resultados. Establecerá ademais indicadores de seguimento e medirá os resultados, identificando riscos e oportunidades de mellora ou necesidades emerxentes. Tamén facilitará o funcionamento da estrutura de gobernanza e dos fluxos de información, así como o desenvolvemento e contido de material de comunicación y difusión.



