Asesoramento e formación ao persoal técnico das administracións locais (DPAP e SDAE) en vixilancia ambiental e xestión dos recursos pesqueiros, e elaboración dunha guía de boas prácticas en Maputo, Mozambique

O obxectivo do proxecto é mellorar a sostibilidade e a xestión integrada da cadea de valor da pesca e da acuicultura, promovendo o desenvolvemento socioeconómico, a igualdade de xénero, a seguridade alimentaria e a conservación ambiental dos ecosistemas de augas continentais na provincia de Maputo (Mozambique).

O fin é promover o crecemento sostible da pesca artesanal mediante a mellora da xestión, mecanismos de goberno e técnicas de captura.

A intervención pretende ademais mellorar os niveis de renda familiar, así como dotar de capacidades técnicas aos beneficiarios comunitarios e ás institucións implicadas, afectando a todos os participantes na cadea de valor da pesca artesanal das comunidades e creando sinerxías con outras intervencións da rexión.

Detalles do proxecto

Financiador:

Xunta de Galicia. Cooperación Galega

Fundación Ayuda en Acción

Presuposto:

185.000 euros

Prazo de execución:

2024-2025

Máis información

Ligazóns:

Redes Sociais: 

Leave a Reply