Natureza

CETMAR é unha Fundación pública que traballa pola mellora do medio mariño, dos seus recursos e de todos os sectores que viven del, fomentando a innovación e a sostibilidade ambiental, social e económica.

A súa creación, no ano 2001, foi unha iniciativa da Xunta de Galicia e do entón Ministerio de Ciencia e Innovación, que decidiron por en marcha unha institución para, entre outros obxectivos, guiar ao sector marítimo-pesqueiro, aos centros de investigación e á administración no camiño común da I+D+I.

CETMAR desenvolve a súa actividade nos ámbitos local, nacional, europeo e internacional, sendo beneficiarios das súas accións os sectores do ámbito público ou privado relacionados co mar, os seus recursos e co medio mariño en xeral.

Actividade

  • Desenvolvemos proxectos de I+D+I e de cooperación ao desenvolvemento, asistencias técnicas e contratos de servizos, sendo a coordinación un dos nosos principais cometidos
  • Realizamos estudios sectoriais e prestamos asesoramento especializado, dende unha perspectiva multidisciplinar
  • Deseñamos e realizamos actividades de formación, comunicación, difusión e transferencia de coñecemento e tecnoloxía
  • Creamos e participamos en redes e plataformas de investigación mariña e desenvolvemento tecnolóxico
  • Desenvolvemos, integramos e testamos tecnoloxías de aplicación no ámbito mariño e nos sectores de actividade que del dependen
  • Dinamizamos a participación dos axentes relevantes no sistema de innovación mariña e promovemos a colaboración entre eles (academia, industria, administración e sociedade)

Padroado