A directora e persoal do Instituto Nacional de Desenvolvimento de Aquacultura de Mozambique (INAQUA) están estes días percorrendo Galicia nunha visita programada polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR que ten como obxectivo o fortalecemento das capacidades técnicas do INAQUA no que se refire ao cultivo de moluscos bivalvos.
Tanto a máxima responsable desta institución mozambiqueña, Isabel Omar, como os técnicos que a acompañan están a recibir así formación teórica por parte de expertos da Fundación CETMAR, ao tempo que realizarán pasantías en institucións de relevancia e farán visitas a empresas públicas y privadas, institutos de investigación e organizacións sectoriais mediante as que visualizarán a aplicación práctica do programa formativo.
Os técnicos do INAQUA, que foron recibidos no CETMAR pola súa directora-xerente, Paloma Rueda Crespo, e polo secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, permanecerán en Galicia ata o 14 de decembro.
Durante todo este tempo visitarán, entre outros, o Porto de Vigo, o Instituto Galego de Formación en Acuitultura (IGAFA), o Instituto Español de Oceanografía, o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (INTECMAR), así como diversas Confrarías dedicadas á explotación marisqueira da nosa comunidade
A súa estancia finalizará cunha pasantía na planta de cultivos mariños de Ribadeo do Centro de Investigacións Mariñas.