Novedades

O Centro Tecnolóxico do Mar reúne a científicos de diferentes países no seminario final do proxecto europeo TEAM-Miño

O Centro Tecnolóxico do Mar será escenario o vindeiro venres 21 de xuño do seminario final do proxecto europeo TEAM-Miño, unha xornada na que participarán científicos de diferentes países e na que se darán a coñecer os principais resultados desta iniciativa.

Baixo o título de “Importancia das ferramentas biolóxicas na implementación da Directiva Marco do Auga”, o seminario dará comezo as dez da mañá nun acto coa participación da directora xerente da Fundación CETMAR, Paloma Rueda Crespo; do presidente de Augas de Galicia, Francisco Menéndez Iglesias; e do reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato.

Ao longo da mañá sucederanse os relatorios sobre as devanditas ferramentas, para pechar a xornada coa presentación e debate sobre as principais conclusións do proxecto respecto a aplicación da Directiva Marco do Auga no esteiro do río Miño.

Coordinado pola Estación de Ciencias Mariñas de Toralla da Universidade de Vigo, no consorcio de TEAM-MIÑO participan xunto á FundaciónCETMARa Administração Regional Hidrográfica do Norte de Portugal; Augas de Galicia; o Centro de Monitorização e Interpretação Ambiental de Vila do Conde; o Centro Interdisciplinar de Investigação Marinha e Ambiental; a Confederación Hidrográfica Miño-Sil; o Instituto Español de Oceanografía; o Instituto Nacional dos Recursos Biolóxicos de Portugal; a  Mancomunidade de Municipios do Baixo Miño e a Universidade de Aveiro.

Desenvolver ferramentas comúns para a aplicación coordinada da Directiva Marco da Auga no estuario do Miño e potenciar a participación cidadá na xestión e conservación deste ecosistema acuático son os obxectivos xerais deste proxecto europeo, que busca a colaboración e implicación das administracións e da sociedade a ambas as beiras do río.

Dejar un comentario