Monthly Archives

septiembre 2012

O CETMAR e a Plataforma TECNOPEIXE reúnen a expertos en macroalgas nun foro sobre as posibilidades de explotación e os retos de futuro para este recurso en Galicia

Por | Novedades | Ningún comentario

O Centro Tecnolóxico do Mar ven de organizar un foro sobre as posibilidades de explotación e aproveitamento das macroalgas en Galicia que terá lugar o vindeiro 8 de outubro na sede da Fundación en Vigo. O evento, que se celebra ao amparo da Plataforma Tecnolóxica TECNOPEIXE, reunirá a expertos na materia en dúas sesións matinais e en tres mesas de debate, estas últimas desenvolveranse polo serán.

A situación actual das macroalgas e as problemáticas asociadas a súa xestión centrará así a primeira das sesións, na que intervirán expertos da Consellería do Medio Rural e do Mar, da Universidade da Coruña e dalgunhas das Confrarías interesadas no recurso. Tras o debate celebrarase a segunda sesión sobre as posibilidades de valorización deste recurso e as súas aplicacións actuais en sectores como o alimentario, cosmético ou químico, entre outros. Neste punto falarán representantes das empresas que están a facer uso das algas galegas hoxe en día, e presentaranse iniciativas de fomento da colaboración entre os diferentes actores interesados no recurso.

O foro proseguirá polo serán na sala de conferencias da FundaciónCETMARco desenvolvemento de tres mesas de debate na que os expertos falarán sobre cuestións como a extracción sostible deste recurso, a produción de algas en cultivo ou os retos no seu aproveitamento e valorización.

O obxectivo das mesas é o de por enriba da mesa os retos de futuro e/ou as posibles solucións, e oportunidades de colaboración para dar resposta aos problemas que poidan terse abordado nas sesións da mañá. Asemade, atender aquelas que poidan xurdir das propostas realizadas polos participantes e o público, incidindo especialmente nas que se traduzan en estratexias de colaboración entre os diferentes axentes implicados no proceso de explotación das macroalgas. Para isto darase pé á participación activa do público presente.

A participación no foro está aberta a todos interesados e a inscrición será posible a través da web da Plataforma TECNOPEIXE www.tecnopeixe.org nos vindeiros días.

Unha delegación de técnicos de Brasil visitan o Centro Tecnolóxico do Mar

Por | Novedades | Ningún comentario

Unha delegación de técnicos da Empresa de Pesquisa Agropecuária e Extensâo Rural do Goberno do Estado de Santa Catarina no Brasil visitou esta mañá a sede do Centro Tecnolóxico do Mar, onde foron recibidos pola directora-xerente da Fundación CETMAR, Paloma Rueda Crespo.

Durante o encontro, ao que asistiron tamén a coordinadora e unha técnica da área de Cooperación Internacional do CETMAR, os técnicos brasileiros tiveron oportunidade de coñecer o funcionamento da institución galega, os seus obxectivos e as súas principais accións.

A Fundación CETMAR analizará nun seminario os envases activos e o seu uso cara a conservar os produtos pesqueiros

Por | Novedades | Ningún comentario

O Centro Tecnolóxico do Mar-FundaciónCETMAR reunirá mañá na súa sede en Vigo a expertos en envases activos que analizarán a súa utilidade na preservación e mellora dos produtos pesqueiros. O seminario será inaugurado ás 9.45 horas pola directora-xerente da institución galega,Paloma Rueda Crespo.

A xornada, na que se sucederán diferentes relatorios, celébrase no marco do proxecto Envacfish, unha iniciativa na que oCETMARestá a participar xunto a grupos de investigación das universidades de Vigo, A Coruña e Santiago e que levouse a cabo con financiamento da Xunta de Galicia a través do Plan Galego de I+D. Os resultados do devandito proxecto, que leva por título “Desenvolvemento de envases activos liberadores de antioxidantes naturais para mellorar a conservación de produtos pesqueiros”, daranse a coñecer no último relatorio do seminario.

Os envases activos ou sistemas binarios, obxecto da xornada a celebrar na FundaciónCETMAR, reveláronse nos últimos anos como unha tecnoloxía emerxente alternativa á que recorrer cara a posibilitar melloras nos produtos envasados, de tal xeito que a preservación das súas características organolépticas, nutricionais e sanitarias iniciais este garantida.

Os expertos que participarán neste seminario, entre os que se atopan representantes da administración, da empresa privada e da universidade, falarán en concreto de dous sistemas de inclusión de aditivos no envase –inclusión e impregnación-, así como dos impedimentos e limitacións que dende o punto de vista legal existen para estes desenvolvementos.

Cancelada a xornada sobre eficiencia enerxética nas instalacións portuarias

Por | Novedades | Ningún comentario

Lamentablemente temos que comunicar a cancelación da xornada prevista para o día luns 17 de setembro en materia de eficiencia enerxética nas instalacións portuarias. O motivo da cancelación é á falla de confirmación de asistencia polo público obxectivo da xornada.
Próximamente na web da Plataforma, os interesados poderán descargar o material de presentación do traballo realizado dende a Secretaría de TECNOPEIXE en colaboración con SERVIGUIDE.

A utilización de envases activos para mellorar a conservación dos produtos pesqueiros abordarase nunha xornada no CETMAR

Por | Novedades | Ningún comentario

A utilización de envases activos como ferramenta para mellorar a conservación dos produtos pesqueiros será o tema central dun seminario que o Centro Tecnolóxico do Mar-FundaciónCETMARorganizará o vindeiro 21 de setembro na súa sede en Vigo.

Os devanditos envases rebeláronse nos  últimos  años  como  unha  tecnoloxía  emerxente alternativa á que recorrer con vistas a posibilitar esas melloras. Nesta xornada abordaranse distintas vertentes  relacionadas  con  esta  temática  nun  intento  por aportar  aos  asistentes  unha  visión  global.  Así, analizaranse os dous sistemas  de inclusión de aditivos no envase (inclusión e impregnación), e os  impedimentos e limitacións que desde  o punto de vista legal existen para estes desenvolvementos.

O evento servirá ademais para a presentación de resultados do proxecto ENVACFISH, unha iniciativa na que a área de Tecnoloxía dos Produtos Pesqueiros doCETMARven traballando xunto a grupos de investigación das tres universidades galegas, e que foi financiada pola Xunta de Galicia a través do Plan Galego de I+D.

O obxectivo do devandito proxecto, no que se leva traballando dende o ano 2009, centrouse  no  estudio  da  aplicabilidade  de  extractos   naturais   (tocoferois)   como   aditivo   nunha   matriz  plástica de polietileno para deseñar un envase activo de utilidade en  productos da pesca conxelados.

Diferentes expertos abordarán esta temática nunha xornada que leva por título “Inclusión de aditivos alimentarios en matrices plásticas e efectos sobre produtos pesqueiros envasados. Resultados do proxecto ENVACFISH”, e que será inaugurada pola directora-xerente do Centro Tecnolóxico do Mar,Paloma Rueda Crespo.

Xunto á Fundación CETMAR forman parte do consorcio do proxecto ENVACFISH o departamento de Enxeñería Química da Escola Técnica Superior de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo; o departamento de Química Analítica, nutrición e Bromatoloxía da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago e, finalmente, o grupo de Polímeros da Escola Universitaria Politécnica e do Centro de Investigacións Tecnolóxicas da Universidade da Coruña.

 

Investigadores da universidade colombiana de Antioquia asisten no CETMAR a unhas xornadas de formación e intercambio de experiencias sobre a transformación dos subprodutos da pesca

Por | Novedades | Ningún comentario

Dous investigadores da Universidade de Antioquia en Colombia asisten dende hoxe no Centro Tecnolóxico do Mar a unhas xornadas de formación e intercambio de experiencias sobre a transformación de produtos da pesca que serán impartidas por expertos da propia FundaciónCETMARe doutras institucións ou empresas relacionadas con esta actividade.

A estancia dos dous docentes en Vigo, que se prolongará ata mediados do mes de setembro, enmárcase dentro dun proxecto financiado a través do Programa Erica no que oCETMARcolabora coa Agencia Española de Cooperación al Desarrollo, e a Gobernación e a Universidade de Antioquia. O obxectivo xeral desta iniciativa é crear as condicións para que un sector de acuicultores desa rexión profunden e melloren os seus coñecementos e prácticas en canto ao aproveitamento de subprodutos.

Ademais de asistir a charlas formativas, os dous investigadores realizarán visitas a empresas relacionadas co aproveitamento de subprodutos da pesca e da acuicultura e a institucións de investigación que desenvolven liñas de traballo neste ámbito, como é o caso do Instituto Español de Oceanografía e do Instituto de Investigaciones Marinas-CSIC. Así mesmo, está prevista unha visita ao porto de Vigo e á lonxa do Berbés.

O CETMAR exporá a súa traxectoria na investigación e valorización das algas nunha xornada en Baiona

Por | Novedades | Ningún comentario

O Centro Tecnolóxico do Mar dará conta da súa traxectoria na investigación e valorización das algas nunha xornada técnica e divulgativa que sobre estes organismos e as súas potencialidades terá lugar o vindeiro 15 de setembro no Parador de Turismo de Baiona.

A doutora en Ciencias do Mar e investigadora doCETMAR, Eva Cacabelos Reyes, especialista en algas e na súa ecoloxía, dará conta dos traballos que a Fundación galega leva desenvolvido neste campo. Así mesmo ofrecerá un pequeno adianto sobre o foro que sobre esta mesma temática está a preparar oCETMARno marco da Plataforma Tecnolóxica Tecnopeixe, e que está previsto para o vindeiro mes de outubro. Mais en concreto, avanzará algunhas claves sobre o traballo de compilación de información respecto ao interese das confrarías galegas neste recurso.

A xornada “As algas e as súas potencialidades” está  organizada polo Concello de Baiona e na mesma falarase tamén das propiedades terapéuticas e nutricionais das algas ou da súa xestión bio-sustentable, entre outros temas.