Monthly Archives

noviembre 2011

Curso de comercialización de productos pesqueros

Por | Novedades | Ningún comentario

Una delegación de 11 técnicos de Argelia procedentes de la administración de pesca y de Curso Comercializacionorganizaciones de productores ha participado desde el pasado día 21  en un Curso sobre la comercialización de productos pesqueros, diseñado y ejecutado por la Fundación CETMAR.

Con el fin de contribuir al desarrollo del sector artesanal e industrial argelino, durante siete días se ha  transferido la experiencia acumulada en comercialización pesquera en Galicia.

Entre los contenidos del curso destacan los sistemas de comercialización, ajuste de precios, tipos de organizaciones, trazabilidad y control de calidad, extensión pesquera y gestión de mercados – lonjas de pesca. Estos contenidos se han impartido a través de sesiones teóricas, visitas en terreno y mesas redondas en las que han participado representantes de diferentes organizaciones pesqueras y marisqueras con el fin de transmitir tanto iniciativas de comercialización puestas en marcha como diferentes sistemas organizativos existentes.

Asimismo, miembros de la Consellería do Mar han participado activamente como ponentes en las áreas de comercialización y extensión pesquera.

Este curso forma parte de un conjunto de cursos de formación en materia pesquera programados y financiados por Cooperación Española, los cuales son ejecutados con el apoyo de FIIAP y CETMAR. Además de este curso la Fundación CETMAR ha participado en el diseño y ejecución de otros tres cursos más, relacionados con Sistemas de información pesquera, Pesca responsable y Planificación y herramientas de gestión pesquera. Estos cursos, desarrollados en Argelia, han contado con expertos españoles altamente cualificados.

CETMAR organiza un seminario sobre pilas e luminarias na pesca

Por | Novedades | Ningún comentario

Logo 3rfishO xoves 24 terá lugar nas instalacións de CETMAR o seminario “Luminarias e pilas na pesca extractiva. Problemática e Avances. Resultados do Proxecto 3R-FISH“, no cual se abordará a problemática dos residuos das pilas empregadas pola flota pesqueira en gran diversidade de dispositivos; moi especialmente nas luminarias empregadas en buques palangreiros.

O evento desenvólvese ao abeiro do proxecto europeo modalidade LIFE de acrónimo 3R FISH e título “Modelo de Xestión Integrada para a Recuperación e Reciclaxe de Residuos Sólidos Propios das Actividades Pesqueiras e Portuarias”, que centra os seus obxectivos na adecuada xestión deste tipo de residuos con vistas á súa recuperación vía valorización. Durante o proxecto realizouse unha experiencia piloto de xestión de residuos de pilas de grande alcance que serviu para dotar aos entes portuarios galegos dun protocolo de recollida e xestión sistematizado, gratuíto e estable no futuro.

Durante a xornada cubriranse diferentes aspectos relacionados con esta temática: dende a incidencia que sobre o medio mariño ten a inadecuada xestión destes residuos, pasando por  unha descrición da experiencia piloto de xestión levada a cabo neste proxecto, dos estudos sobre os diversos modelos de luminarias efectuados ou como o concepto de ecodeseño ábrese paso no sector marítimo pesqueiro.

Este seminario encádrase adicionalmente dentro da “Semana Europea da Prevención de Residuos”, un evento internacional apoiado pola Comisión Europea no que se da cabida a accións que teñen como obxectivo dar a coñecer as estratexias e políticas de prevención de residuos da Unión Europea, así como impulsar accións sostibles para reducir a xeración de residuos en toda Europa, sensibilizando á cidadanía sobre esta problemática.

Enlaces:
www.cetmar.org/seminario/3R-FISH/DipticoSeminario.pdf
www.cetmar.org/seminario/3R-FISH/Inscripcion.asp

CETMAR organizará un seminario sobre o aproveitamento dos subprodutos pesqueiros no ámbito industrial das aplicacións biomédicas

Por | Novedades | Ningún comentario

O Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) organizará un seminario que leva por título Desenvolvementos e Innovacións Biomédicas Vinculadas á Valorización de Subproductos Pesqueiros que se celebrará o próximo venres, 18 de Novembro, no centro. O obxectivo é abordar as posibles aplicacións, en concreto a biomédica, que poden desenvolverse en base á valorización de subproductos pesqueiros e organismos mariños.

A industria pesqueira xera unha gran cantidade de subproductos que só son aproveitados parcialmente a pesar do enorme potencial que teñen. Por outra banda, estase valorando cada vez mais a necesidade de facer un uso completo e sostible das materias primas como un dos baluartes da economía. Os expertos consideran necesario sacar valor en maior medida a estas materias primas e introducilas en canais comerciais que desemboquen en empresas especializadas na valorización.

Así, especialistas de diferentes países valorarán a posibilidade de desenvolver aplicacións biomédicas (moitas delas xa presentes nos mercados) a partires do que ata hai uns anos se catalogaban coma residuos. As presentacións cubrirán tres campos que se teñen considerado básicos: os biomateriais aplicados á enxeñería de tecidos e medicina rexenerativa; os liberadores de fármacos e os productos derivados funcionais.

Os poñentes proveñen do ámbito científico e de empresas encadradas nesta actividade.  O Dr. Rui L. Rei, (Director do 3B’s Research Group de Portugal) disertará sobre o Uso de materiais naturais de orixe mariña en aplicacións biomédicas, máis concretamente sobre desenvolvementos aplicados á rexeneración ósea. Do mesmo xeito, o Dr. Baldur Tumi Baldursson (Medical Director KERECIS de Islandia) falará do Uso de coláxenos e aceites de orixe mariña na rexeneración de tecidos, e centrarase na rexeneración dérmica e as patentes industriais que a súa empresa comercializa.

A Dra. Angela Moraes (Universidade Estadual de Campinas de Brasil) abordará o eido do Uso de polisacáridos de orixe mariña para a administración de fármacos e outros sistemas médicos. Finalmente, o último bloque do seminario terá como títulos Alimentos Funcionais e Nutracéuticos de orixe mariña e Estado do Condroitin sulfato: exemplo de valorización biomédica. Materias primas. Proceso e especificacións. Mercado.. A primeira delas correrá a cargo do Dr. Joan Carles Domingo (BRUDY LAB SA.) e a segunda a conta do Dr. Roger Sabata (BIOIBÉRICA S.A.).

A xornada está organizada polo Cetmar e conta coa colaboración do 3B´s Research Group (Guimarães, Portugal), do Departamento de Física Aplicada da ETS Enxeñeiros Industriais (Vigo) e do Departamento de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica (Facultade de Farmacia, USC). Todos eles son membros do consorcio do proxecto europeo IBEROMARE (Centro Multipolar de Valorización de Recursos e Residuos Mariños) ao abeiro do cal ten lugar este evento, o cuarto dos levados a cabo. A inscrición poderá facerse a través da web www.cetmar.org/Seminario/AplicacionesBiomedicas/ Inscripcion.asp e é totalmente gratuíta.

CETMAR organiza a conferencia final do proxecto Arcopol

Por | Novedades | Ningún comentario

Arcopol é un proxecto europeo, financiado no marco do Programa Espazo Atlántico que aborda a loita contra a contaminación mariña derivada do transporte marítimo de maneira global en todas as súas vertentes, antes, durante e despois da contaminación. O seu obxectivo principal é mellorar as capacidades de prevención, resposta e mitigación dos vertidos de hidrocarburos, sustancias químicas nocivas e potencialmente perigosas e inertes, establecendo as bases dunha Rede Atlántica sustentable integrada polos principais actores neste ámbito e apoiada polas ferramentas de xestión da información relevante para a loita contra a contaminación. O proxecto desenvolveuse a través de 12 socios, que son entidades de España, Francia, Irlanda, Reino Unido e Portugal. Entre elas está a Consellería do Mar e os seus centros Intecmar e Cetmar e a Consellería de Medioambiente, Territorio e Infraestruturas.

Este proxecto nace doutro anterior, o EROCIPS, que se centrou exclusivamente nos vertidos de hidrocarburos. Nesta iniciativa tamén participou activamente Galicia, do mesmo xeito que noutros proxectos de gran relevancia neste campo como o EASY, o DRIFTER ou o RAIA.

O plan de continxencias da Xunta incluirá ferramentas do proxecto europeo Arcopol de loita contra a contaminación mariña. Sinalouno a conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante a inauguración da conferencia na que se exporán os resultados deste proxecto europeo, do que é socia a Consellería do Mar e que busca mellorar as capacidades de prevención, resposta e mitigación dos vertidos de hidrocarburos e substancias químicas. Durante a súa intervención a conselleira anunciou a continuidade deste proxecto a través da iniciativa Arcopol Plus, aprobada recentemente, o que fai que esta conferencia tamén sirva para “anunciar o principio dunha nova fase de colaboración transnacional”.

Segundo sinalou a conselleira, a través de accións de formación e transferenza, o Arcopol Plus dará prioridade á implementación dos produtos e recursos xerados en Arcopol. A conselleira engadiu que grazas a este proxecto, o seu departamento dispón de información costeira “moito máis completa, precisa e accesible a través de ferramentas web”.Esta información permite, segundo sinalou a titular de Mar, predicir mellor as posibles consecuencias dun vertido accidental e ter unha mellor organización na resposta global a estes episodios de contaminación mariña.

Neste sentido, salientou a importancia de que as administracións conten con plans de continxencia para facer fronte a episodios de contaminación mariña e destacou o labor emprendido polo proxecto Arcopol para desenvolver coñecementos, protocolos e ferramentas innovadores coa finalidade de que poidan incorporarse aos plans de continxencia, baseándose no intercambio de experiencias e boas prácticas entre as rexións.

Rosa Quintana tamén destacou que a través deste proxecto se sentaron as bases para a colaboración europea das rexións atlánticas, “tan importante para as futuras melloras neste campo”. Por último Rosa Quintana recoñeceu o labor e a dedicación dos técnicos no desenvolvemento desta iniciativa.

Cetmar organizará un seminario para analizar a situación do cultivo do linguado e a súa consolidación como especie de acuicultura

Por | Novedades | Ningún comentario

O Centro Tecnolóxico do Mar, Cetmar, organizará o próximo venres 11 de novembro un seminario para abordar a situación do cultivo do linguado e a súa consolidación como especie de acuicultura. A xornada, que leva como título  Dietas Sustentables no Cultivo de Peixes Planos, está organizada polo Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA) e o Centro de Investigacións Mariñas (CIMA), en colaboración co Cetmar, todas elas entidades pertencentes á Consellería do Mar.

Este seminario é o terceiro dunha serie de eventos encadrado dentro das actividades do proxecto europeo IBEROMARE e, neste caso, está dedicado integramente á problemática do desenvolvemento de dietas sustentables para alimentación de peixes planos, máis concretamente, do linguado.

O linguado é unha das especies de acuicultura á que se dedicou un maior esforzo nos últimos anos a fin de consolidar o seu cultivo. A maioría dos traballos realizados ata o momento, centráronse fundamentalmente no linguado senegalés (Solea senegalensis) e, actualmente, toda a produción industrial do linguado que existe en España, 204 Tm no ano 2010, é desta especie. Estímase que esta produción vaia ter un gran incremento nos próximos anos coa construción de varias plantas de cultivo, o que pode converter ao linguado senegalés nunha das principais especies da piscicultura mariña en España.

Os contidos do seminario teñen por finalidade achegar, de forma monográfica, unha visión conxunta dos aspectos máis transcendentes que concorren no cultivo desta especie, desde a formulación de dietas específicas -impacto ambiental mínimo, elevado valor nutricional- ata o estado actual da produción a escala industrial, pasando por aspectos sanitarios.

As distintas temáticas a desenvolver estarán a cargo de investigadores de recoñecido prestixio, e cuxa identidade pódese consultar no díptico ao que ten acceso a través do seguinte link: www.cetmar.org/seminario/cultivopecesplanos/inscripcion.asp. A inscrición para o seminario, totalmente gratuíta, tamén pode facerse a través do mesmo link.