A protección e xestión sostible dos servizos dos ecosistemas mariños é o principal reto do Programa de Ciencias Mariñas de Galicia a través de tres grandes liñas de actuación: a observación e seguimento do medio mariño e do litoral; acuicultura sostible, intelixente e de precisión, e innovación, coñecemento e oportunidades para adaptarse ao cambio na economía mariña.

Estas tres grandes liñas desenvólvense coa participación e impulso de 250 investigadores pertencentes a 89 grupos de investigación de múltiples disciplinas, e de todas as institucións públicas implicadas na xeración de ciencia mariña en Galicia. Todo isto a través de 11 paquetes de traballo con 38 accións que requiren 132 actividades e 293 tarefas que darán lugar a 172 entregas e 233 fitos. O CETMAR participa en 7 dos 10 paquetes de traballo e coordina 3 deles, incluíndo a implicación directa na coordinación xeral da iniciativa.

O Programa de Ciencias do Mar de Galicia enmárcase no Programa Estatal de Ciencias do Mar, que á súa vez forma parte dos Plans Complementarios de I+D+i coas Comunidades Autónomas, a través da Liña de Investimento 1 do Compoñente 17 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Detalles do proxecto

Financiador:

Consellería do Mar – Ministerio de Ciencia e Innovación a través del Fondo Europeo Marítimo y de la Pesca y de los fondos NextGeneretion EU

Presuposto:

10.000.000 euros

Prazo de execución:

2022-2025

Mais información

Ligazóns:

Redes Sociais: 

Leave a Reply