Apoio á Consellería do Mar na análise das poboacións de sementes de mexillón no intermareal rochoso, na avaliación de novos sistemas de recollida de sementes e no desenvolvemento de novos sistemas de produción de sementes en condicións controladas

O CETMAR presta apoio ao Centro de Investigación Mariñas na análise da dispoñibilidade de semente de mexillón para abastecer ao sector acuícola galego.
Os obxectivos principais desta tarefa da Consellería do Mar son:
-Apoiar o deseño e desenvolvemento de procedementos para a análise de poboacións de mexillón e percebe en hábitats intermareais rochosos, implantación de aplicacións que faciliten a toma de mostras de campo e a participación na mostraxe, e uso de técnicas xeoespaciais para a visualización da información.
-Avaliación da utilidade e rendemento da colocación de “palangre” con cordas de recollida en zonas de produción de mexillón, recollida sistemática de variables oceano-meteorolóxicas e apoio na realización de mostraxes.
-Apoio en accións de difusión e extensión do traballo e resultados.

Detalles del proyecto

Financiador:

Fondos FEMP

Fondos FEMPA

Xunta de Galicia. Consellería do Mar

Presuposto:

1.116.174,34 euros

Prazo de execución:

2022-2026

Más información

Ligazóns:

Páxina web

Redes Sociais: 

Leave a Reply