Mellora dos medios de vida e a seguridade alimentaria da poboación mediante o fortalecemento das cadeas de valor da pesca e da acuicultura. Distrito de Namaacha

O proxecto pretende contribuír á mellora das condicións de vida e da seguridade alimentaria e nutricional nas comunidades do distrito de Namaacha, na provincia de Maputo, Mozambique, con especial atención á mocidade e ás mulleres, mediante a mellora da cadea de valor da pesca e da acuicultura. e a promoción da seguridade alimentaria nas comunidades.

Esta actuación abrangue un período de tres anos durante os cales os técnicos da Fundación CETMAR -coordinador do proxecto- e da Fundación Ayuda en Acción traballarán en colaboración cos socios locais para reforzar a coordinación entre os diferentes axentes e promover a participación do sector na definición das políticas pesqueiras e acuícolas.

Detalles do proxecto

Financiador:

Xunta de Galicia-Cooperación Galega

Presuposto:

476.451,15 euros

Prazo de execución:

2022-2025

Máis información

Ligazóns:

Redes Sociais: 

Facebook

Leave a Reply