Avanzar cara a comunidades costeiras atlánticas sen lixo mediante a redución e prevención do macro e o microlixo
Proxecto europeo que abordará a problemática do lixo mariño a través dun enfoque holístico e a través de enfoques innovadores co obxectivo de previr, controlar e reducir estes residuos na costa atlántica.
Un total de 24 organizacións de España, Francia, Portugal e Irlanda forman o consorcio Free LitterAT. Coordinados polo CETMAR, traballarán durante tres anos para conseguir comunidades costeiras libres de lixo mariño, facendo especial fincapé nas artes de pesca e nos microplásticos perdidos ou abandonados.
O proxecto, que da continuidade ao traballo desenvolvido nos últimos anos a través do proxecto europeo CleanAtlantic, centrarase fundamentalmente na prevención do lixo mariño, o seu seguimento e a súa redución e eliminación, e os seus resultados probaranse mediante accións piloto e actividades de sensibilización.